a configuración de contas de correo require ter activada a conexión a internet. Se non a tes configurada, podes ver como facelo no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APLICACIONES
paso 3
preme en GMAIL; é posible que teñas que desprazarte entre pantallas para localizar a icona
paso 4
preme SIGUIENTE
paso 5
preme en CREAR para dar de alta unha nova conta de Google
paso 6
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) introduce un nome de usuario(3) preme SIGUIENTE
paso 7
GOOGLE comprobará la dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
paso 8
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE(2) preme SIGUIENTE
paso 9
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme SIGUIENTE
paso 10
selecciona unha pregunta de seguridade por se esqueces o contrasinal(1) escribe a resposta(2) escribe opcionalmente un enderezo de correo alternativo(3) preme CREAR
paso 11
preme en ACEPTO, SIGUIENTE para aceptar as condicións de servizo de Google
paso 12
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme SIGUIENTE
paso 13
GOOGLE conéctase co servidor para configurar a conta. Pode demorar uns minutos
paso 14
GOOGLE solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta preme LISTO