huawei u8500

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con Market require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


preme ACCESO A APLICACIÓNS


paso 3 paso 3 paso 3


preme MARKET
se non localizas a icona, proba a esvarar o dedo de dereita a esquerda para moverte entre pantallas


paso 4 paso 4 paso 4


a procura de aplicacións pódese facer de dous xeitos:
premendo na lupa da parte superior(1) faremos una procura directa da aplicación se lle coñecemos o nome
na parte central temos unha categorización dos programas(2): aplicacións, xogos e acceso a aplicacións descargadas.
a modo de exemplo, imos descargar unha aplicación desde categorías. Preme en xogos.


paso 5 paso 5 paso 5


nesta pantalla podemos facer igualmente a busca directa premendo na lupa(1) ou escollendo unha das categorías nas que MARKET subdivide os xogos
continuando co exemplo, prememos en TODOS LOS JUEGOS


paso 6 paso 6 paso 6


na parte central da pantalla atopamos outra subdivisión dos xogos, os que son de pago, os gratuítos e as novidades(1)
para movernos entre as categorías desprazamos a pantalla de dereita a esquerda ou de esquerda a dereita
a modo de exemplo, situámonos nos GRATUITOS
na parte inferior da pantalla atopamos a listaxe de todos os xogos rexidos polo criterio anterior
como exemplo, prememos en APALABRADOS(2)


paso 7 paso 7 paso 7


esta é a pantalla de descarga do xogo seleccionado
temos unha descrición xeral do xogo, capturas de pantalla e comentarios de usuarios que xa o descargaron
preme en INSTALAR GRATUITA


paso 8 paso 8 paso 8


preme ACEPTAR


paso 9 paso 9 paso 9


cando finaliza o proceso de descarga, a aplicación situarase por orde alfabética na pantalla de aplicacións
para executar o xogo, só terás que premer sobre el