a configuración de contas de correo require activar a conexión a internet. Se non a tes configurada, podes ver como facelo no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
accede ó MENÚ premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 3
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme CORREO
paso 4
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme ENGADIR CONTA
paso 5
selecciona o provedor de correo da conta que queres engadir (Gmail, Hotmail ou Yahoo) como exemplo, engadimos unha de Hotmail posto que os pasos son exactamente iguais en todas prememos WINDOWS LIVE HOTMAIL
paso 6
seleccionamos o dominio da nosa conta do grupo Windows como exemplo prememos HOTMAIL.COM
paso 7
escribe o teu enderezo de correo(1) escribe o teu contrasinal(2) preme IN. SESIÓN
paso 8
xa está configurado e che mostra o caixón de entrada preme ATRÁS para saír da conta
paso 9
preme SAÍR para confirmar a saída do caixón de entrada da conta