asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
para acceder directamente ó rexistro de chamadas, prememos na TECLA DE CHAMADA
paso 3
ábrese o rexistro de todas as chamadas ó pé do nome ou número de teléfono móstrasenos unha icona dunha frecha, de diferente forma e cor en función do tipo de chamada: recibida(1), perdida(2) ou realizada(3)
paso 4
para ver a listaxe discriminando por tipos de chamada ou acceder a outras opcións temos que volver ó inicio preme a TECLA DE INICIO
paso 5
accede ó MENÚ premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 6
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme REXISTRO
paso 7
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme sobre o tipo de chamadas que queres ver como exemplo, prememos en CHAMADAS PERDIDAS
paso 8
aparecen unicamente as chamadas perdidas selecciona ATRÁS premendo a tecla que está baixo a palabra atrás
paso 9
para borrar o rexistro, despraza a pantalla cara abaixo e co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme BORRAR LISTAS REX.
paso 10
co BOTÓN CENTRAL, selecciona e preme sobre o tipo de chamadas que queres borrar do rexistro e quedarán eliminadas