a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme APLICACIÓNS
paso 3
preme PLAY STORE se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de abaixo a arriba para desprazar a pantalla
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme SI
paso 5
preme SIGUIENTE
paso 6
preme en CREAR para dar de alta unha nova conta de Google
paso 7
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) introduce un nome de usuario(3) preme SIGUIENTE
paso 8
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
paso 9
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE(2) preme SIGUIENTE
paso 10
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme SIGUIENTE
paso 11
selecciona unha pregunta de seguridade por se esqueces o contrasinal(1) escribe a resposta(2) escribe opcionalmente un enderezo de correo alternativo(3) preme CREAR
paso 12
preme en ACEPTO, SIGUIENTE para aceptar as condicións de servizo de Google
paso 13
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme SIGUIENTE
paso 14
GOOGLE solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta preme SIGUIENTE
paso 15
a túa conta GOOGLE xa está vinculada preme FINZALIZAR LA CONFIGURACIÓN
paso 16
preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de google play (play store) e poder utilizar o servizo