asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme sobre calquera punto vacío da pantalla -no que non haxa ningunha icona- durante 1 segundo
paso 3
ábrese un menú contextual preme FONDOS DE PANTALLA
paso 4
preme GALERÍA
paso 5
preme sobre a carpeta na que está a foto que queiras seleccionar. Neste caso, fotos tiradas co móbil(1) ou baixadas de internet(2) para seguir co titorial seleccionamos, por exemplo, CÁMARA(1)
paso 6
eliximos unha das fotos do listado
paso 7
dado que a foto non ten as proporcións da pantalla, temos a posibilidade de axustar o encadre mantendo pulsada a pantalla e movendo o cadro laranxa preme GUARDAR a foto pasa a estar de fondo de pantalla