sony xperia p

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con Market require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme APLICACIONES


paso 3 paso 3 paso 3


preme MARKET


paso 4 paso 4 paso 4


a busca de aplicacións pódese facer de dous xeitos:
premendo na lupa da parte superior(1) faremos unha busca directa da aplicación se lle coñecemos o nome
na parte central(2) dispoñemos dunha pequena clasificación dos programas. Prememos sobre o que queiramos
na parte inferior(3) aparece unha listaxe de destacados dentro da categoría que teñamos seleccionada en(2)


paso 5 paso 5 paso 5


a modo de exemplo, imos descargar un xogo. Prememos, polo tanto, na icona JUEGOS


paso 6 paso 6 paso 6


preme en TODOS LOS JUEGOS


paso 7 paso 7 paso 7


aparécenos unha pantalla practicamente igual á principal de Market, pero centrada na categoría de xogos
continuando co exemplo, procuramos un xogo de balde
preme GRATUITAS


paso 8 paso 8 paso 8


prememos sobre o xogo que queiramos descargar


paso 9 paso 9 paso 9


danos unha descrición xeral da aplicación, capturas de pantalla e comentarios dos usuarios que xa a descargaron
preme INSTALAR GRATUITA


paso 10 paso 10 paso 10


preme ACEPTAR PERMISOS


paso 11 paso 11 paso 11


comeza o proceso de descarga, que tardará máis ou menos dependendo do tamaño da aplicación e da calidade da conexión
as aplicacións descargadas situaranse, por defecto, no último lugar da pantalla de APLICACIONES