asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme APLICACIÓNS
paso 3
preme MENSAJES
paso 4
preme na icona de ESCRIBIR
paso 5
escribe o teléfono do contacto directamente no recadro(1) ou preme sobre a icona de contactos(2) para engadilos da axenda
paso 6
podes escribir as primeiras letras do contacto no recadro(1) para acotar a busca selecciona o/s contacto/s(2) e preme LISTO
paso 7
escribe o texto do corpo da mensaxe(1) (opcional) preme na icona de achegar arquivo(2)
paso 8
preme sobre o tipo de elemento que queiras enviar a modo de exemplo, enviaremos unha fotografía premendo en IMAGEN
paso 9
preme en GALERÍA
paso 10
selecciona a carpeta na que está a foto. No exemplo temos unha carpeta de fotos sacadas coa cámara(1) e outra con todas as fotos do móbil(2) seleccionamos CAPTURAS DE CÁMARA(1)
paso 11
eliximos unha das fotos da listaxe
paso 12
preme ENVIAR recorda que o tamaño máximo do MMS é de 300Kb; non poderás enviar mensaxes superiores a ese tamaño