huawei g300

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con PLAY STORE require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO


paso 2 paso 2 paso 2


preme ACCESO A APLICACIÓNS


paso 3 paso 3 paso 3


preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a esvarar o dedo de dereita a esquerda para moverte entre pantallas


paso 4 paso 4 paso 4


a procura de aplicacións pódese facer de dous xeitos:
premendo na lupa da parte superior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle coñecemos o nome
na parte central temos unha categorización dos programas(2): aplicacións, música, libros e películas
a modo de exemplo, imos descargar un xogo. Preme en JUEGOS


paso 5 paso 5 paso 5


nesta pantalla podemos facer igualmente a busca directa premendo na lupa(1) ou escollendo unha das categorías nas que PLAY STORE subdivide os xogos(2) desprazando a pantalla á dereira ou esquerda: destacados, top ventas, top gratis...


paso 6 paso 6 paso 6


continuando co exemplo, descargaremos un xogo de balde
situámonos, desprazando a pantalla cara á dereita, en TOP GRATIS(1) e prememos sobre un dos xogos, TRIVIA2


paso 7 paso 7 paso 7


esta é a pantalla de descarga do xogo seleccionado
temos unha descrición xeral do xogo, capturas de pantalla e comentarios de usuarios que xa o descargaron
preme en DESCARGAR


paso 8 paso 8 paso 8


preme ACEPTAR Y DESCARGAR


paso 9 paso 9 paso 9


cando finaliza o proceso de descarga, a aplicación situarase automaticamente no último lugar da pantalla de aplicacións
para executar o xogo, só terás que premer sobre el