a conexión con PLAY STORE require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
preme ACCESO A APLICACIÓNS
paso 3
preme PLAY STORE se non localizas a icona, proba a esvarar o dedo de dereita a esquerda para moverte entre as pantallas
paso 4
PLAY STORE require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme en SIGUIENTE
paso 5
preme en CREAR para dar de alta unha nova conta en Google
paso 6
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) introduce un nome de usuario(3) preme en SIGUIENTE
paso 7
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado, devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
paso 8
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE(2) preme SIGUIENTE
paso 9
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme SIGUIENTE
paso 10
selecciona unha pregunta de seguridade no caso de esqueceres o contrasinal(1) escribe a resposta(2) escribe opcionalmente un enderezo de correo alternativo(3) preme CREAR
paso 11
preme en ACEPTO, SIGUIENTE para aceptar as condicións de servizo de Google
paso 12
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme SIGUIENTE
paso 13
preme SIGUIENTE para aceptar que GOOGLE realice unha copia de seguridade dos teus axustes, contrasinais, etc.
paso 14
preme FINALIZAR LA CONFIGURACION e xa tes acceso a PLAY STORE