a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en ACCESO A APLICACIÓNS
paso 3
preme PLAY STORE se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de abaixo a arriba para desprazar a pantalla
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) preme SIGUIENTE
paso 6
introduce un nome de usuario(1) e preme SIGUIENTE
paso 7
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
paso 8
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE premendo en TOCA PARA OBTENER(2) preme VOLVER A INTENTAR
paso 9
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme SIGUIENTE
paso 10
selecciona unha pregunta de seguridade por se esqueces o contrasinal(1) escribe a resposta(2) preme SIGUIENTE
paso 11
GOOGLE dáche a posibilidade de configurar outros servizos preme AHORA NO
paso 12
preme en ACEPTO para aceptar as condicións de servizo de Google
paso 13
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme SIGUIENTE
paso 14
GOOGLE permíteche validar unha tarxeta de crédito de forma segura para habilitar compras prememos en OMITIR
paso 15
GOOGLE solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta preme SIGUIENTE
paso 16
preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de google play (play store) e poder utilizar o servizo