asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en ACCESO A APLICACIÓNS
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1) todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
desde aquí tamén poderemos pasar a modo vídeo(1) na parte superior tes acceso ó zoom(2) ou activar o recoñecemento vocal para tirar unha foto(3)
paso 6
tamén tes acceso ó axuste de brillo(1), cambiar a resolución das fotos que tires(2) ou acceder a opcións avanzadas como axuste do balance de brancos, engadir efectos, temporizador...(3)