paso 1 paso 1 paso 1


o uso de contas de correo require activar a CONEXIÓN A INTERNET e dispoñer dunha CONTA CONFIGURADA no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos manuais correspondentes
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


accede á pantalla de MENÚ DE APLICACIÓNS pousando o dedo na pantalla e desprazándoo de dereita a esquerda
cada conta de correo electrónico configurada no teléfono dispón da súa propia bandexa de entrada independente
para acceder á que desexes, ben para ler ou para enviar correo, deberás seleccionala no MENÚ DE APLICACIÓNS(1)


paso 3 paso 3 paso 3


existe a posibilidade de vincular as contas nunha soa bandexa de entrada
para iso deberemos vincular cada conta por separado
a modo de exemplo, prememos en CORREO R


paso 4 paso 4 paso 4


preme o botón de MENÚ CONTEXTUAL


paso 5 paso 5 paso 5


preme en VINCULAR BANDEJAS DE ENTRADA


paso 6 paso 6 paso 6


preme noutra conta para que queden vinculadas, por exemplo GOOGLE MAIL


paso 7 paso 7 paso 7


as dúas quedan unidas nunha soa bandexa de entrada(1)
para cambiar o nome da nova bandexa de entrada común, preme en CAMBIAR NOMBRE DE BANDEJA DE ENTRADA


paso 8 paso 8 paso 8


escribe o nome da bandexa de entrada(1) e preme na icona de ACEPTAR


paso 9 paso 9 paso 9


para ler ou escribir correo novo, preme na bandexa de entrada, individual ou vinculada, que desexes


paso 10 paso 10 paso 10


preme na icona de CORREO NOVO


paso 11 paso 11 paso 11


selecciona a conta que queres usar para escribir o correo


paso 12 paso 12 paso 12


escribe directamente o enderezo do destinatario(1) ou preme na icona de ENGADIR DESTINATARIO(2) para escollelo da axenda


paso 13 paso 13 paso 13


selecciona o contacto na listaxe(1) ou preme na icona da lupa(2) para buscalo escribindo o nome


paso 14 paso 14 paso 14


escribe o asunto(1) e o corpo da mensaxe(2)
preme na icona de ACHEGAR para incluir un arquivo


paso 15 paso 15 paso 15


selecciona a carpeta na que se atopa o arquivo que queres enviar
a modo de exemplo enviaremos unha imaxe


paso 16 paso 16 paso 16


selecciona a imaxe que queres enviar premendo sobre ela
o check branco(1) indica que está seleccionada
preme na icona de VALIDAR


paso 17 paso 17 paso 17


preme a icona de ENVIAR