apple iphone 5 (ios 7)

conexión con App Store (activación se non tes conta de Apple)

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme AJUSTES


paso 3 paso 3 paso 3


preme ITUNES STORE Y APP STORE


paso 4 paso 4 paso 4


App Store require ter un id de Apple
se non dispós de un, preme en CREAR NUEVO ID DE APPLE


paso 5 paso 5 paso 5


selecciona o país(1)(España aparecerá por defecto) e preme SIGUIENTE


paso 6 paso 6 paso 6


preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de servizo e poder continuar


paso 7 paso 7 paso 7


preme novamente en ACEPTAR para confirmar a túa conformidade coas condicións de Apple


paso 8 paso 8 paso 8


introduce un enderezo de correo electrónico existente(1)
introduce un contrasinal(2) de polo menos 8 caracteres, un número, unha maiúscula e unha minúscula
repite o contrasinal(3)


paso 9 paso 9 paso 9


despraza a pantalla cara abaixo e introduce as preguntas e respostas de seguridade solicitadas(1), serviranche para recuperar o contrasinal no caso de que o esquezas


paso 10 paso 10 paso 10


despraza a pantalla cara abaixo e introduce, opcionalmente, un enderezo de correo alternativo(1)
introduce a túa data de nacemento(2)


paso 11 paso 11 paso 11


despraza a pantalla cara abaixo e, se o desexas, preme sobre os interruptores para subscribirte a novidades(1) ou noticias de software e produtos relacionados con Apple(2)
preme en SIGUIENTE


paso 12 paso 12 paso 12


podes introducir os datos dunha tarxeta de crédito para realizar as túas compras de software de pago(1)
tamén podes introducir a numeración dunha tarxeta de prepago iTunes co mesmo propósito(2)
se o desexas podes introducir esta información máis tarde


paso 13 paso 13 paso 13


introduce os teus datos e enderezo de facturación(1) e preme SIGUIENTE


paso 14 paso 14 paso 14


Apple envíache un mail de comprobación de conta ó enderezo que teñas introducido
abre este correo e preme no enlace que che indica
unha vez feito isto, preme TERMINADO


paso 15 paso 15 paso 15


introduce o teu contrasinal de Apple(1) e preme OK
xa estás permanentemente conectado a App Store