a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE APPLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme APP STORE
paso 3
a procura de aplicacións podémola facer de dous xeitos: premendo na lupa da parte inferior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle coñecemos o nome para buscar por tipo de software preme en CATEGORÍAS
paso 4
a modo de exemplo, imos descargar un xogo. Para iso, prememos sobre JUEGOS
paso 5
podemos seleccionar o tipo de xogo que queremos como exemplo prememos en TODOS LOS JUEGOS
paso 6
aparécennos listados todos os xogos dispoñibles, só temos que movernos entre pantallas para elixir como exemplo imos buscar un gratis. Preme en TOP CHARTS, na parte inferior da pantalla
paso 7
seleccionamos GRATIS na parte superior(1) e prememos na listaxe sobre o xogo que queiramos
paso 8
prememos en INSTALAR
paso 9
introduce o teu contrasinal de Apple(1) e preme en OK App Store pedirache o contrasinal sempre que descargues software novo
paso 10
unha vez descargado o xogo situarase onde teña un lugar libre nas pantallas de inicio para abrilo só tes que premer sobre el