facer un hard reset do teléfono implica a perda total de datos
1.- apaga o teléfono; se os botóns non funcionan, saca a batería e vólvea poñer
2.- preme o BOTÓN DE BAIXAR VOLUME durante 3 segundos; a continuación o BOTÓN DE ENCENDIDO e sóltaos
3.- o terminal mostrará diferentes opcións para reiniciarse. Usa o BOTÓN DE BAIXAR VOLUME para seleccionar RECOVERY e a continuación o BOTÓN DE SUBIR VOLUME para confirmar
4.- unha vez que saia o logo Motorola e a continuación o de Android, preme o BOTÓN DE SUBIR VOLUME durante 10-15 segundos
5.- sen soltar o BOTÓN DE SUBIR VOLUME, preme unha vez o BOTÓN DE ENCENDIDO
6.- o terminal mostrará unhas opcións de menú. Usa o BOTÓN DE BAIXAR VOLUME para seleccionar WIPE DATA/FACTORY RESET e preme o BOTÓN DE ENCENDIDO para confirmar
7.- usa o BOTÓN DE BAIXAR VOLUME para seleccionar YES e preme o BOTÓN DE ENCENDIDO para confirmar
8.- o teléfono formatearase e se apagará. Xa podes encendelo con normalidade cos axustes orixinais de fábrica