accede á pantalla de inicio desprazando o dedo cara arriba desde o marco inferior da pantalla
paso 2
despraza o dedo de esquerda a dereita para acceder a BLACKBERRY HUB Blackberry Hub é o centro de notificacións de Blackberry, o lugar desde onde podemos consultar tódalas nosas mensaxes, correos, notificacións e chamadas
paso 3
na pantalla de Blackberry Hub prememos na icona de MENSAXE NOVA
paso 4
preme en MENSAJES DE TEXTO
paso 5
introduce o teléfono do contacto directamente no recadro(1) ou preme na icona +(2) para seleccionalo de entre os teus contactos
paso 6
selecciona o contacto da lista(1) ou preme na icona da LUPA(2) para delimitar a busca
paso 7
escribe as primeiras letras do contacto no recadro(1) e selecciona o contacto que queiras(2) preme en LISTO
paso 8
escribe opcionalmente o texto da mensaxe(1) preme na icona de ACHEGAR(2)
paso 9
preme sobre o tipo de elemento que queres enviar a modo de exemplo enviaremos unha imaxe
paso 10
preme sobre a imaxe que queres enviar para seleccionala a continuación, preme en LISTO
paso 11
preme na icona de ENVIAR lembra que o tamaño máximo do mms é de 300Kb; non poderás enviar mensaxes superiores a ese tamaño