o uso de contas de correo require activar a conexión a internet e dispoñer dunha conta configurada no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos manuais correspondentes accede á pantalla de inicio desprazando o dedo cara arriba desde o marco inferior da pantalla
paso 2
despraza o dedo de esquerda a dereita para acceder a BLACKBERRY HUB Blackberry Hub é o centro de notificacións de Blackberry, o lugar desde o que podemos consultar tódolas nosas mensaxes, correos, notificacións e chamadas
paso 3
na pantalla de Blackberry Hub prememos na icona de MENSAJE NUEVO
paso 4
prememos sobre a conta de correo que queremos usar
paso 5
podemos escribir o destinatario directamente no cadro PARA(1) ou elixilo desde a axenda premendo na icona de AÑADIR DESTINATARIO(2)
paso 6
selecciona o contacto directamente(1) ou ben preme na icona da LUPA para acurtar a listaxe
paso 7
escribe as primeiras letras do contacto(1) e preme sobre el para seleccionalo
paso 8
preme LISTO
paso 9
escribe o asunto(1) e o corpo do correo(2) a continuación preme sobre a icona de ACHEGAR para engadir, se o desexas, un arquivo
paso 10
preme sobre o tipo de arquivo que queres achegar a modo de exemplo seleccionamos IMAGEN
paso 11
preme sobre a imaxe que queres engadir para seleccionala preme LISTO