a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla inicial premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
despraza a pantalla cara a esquerda para ter acceso ás APLICACIÓNS e preme en PLAY STORE
paso 3
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme USAR CUENTA se xa dispós dunha conta de GOOGLE
paso 4
introduce o nome de usuario(1) e o contrasinal(2) da túa conta de GOOGLE preme a icona de CONTINUAR
paso 5
podes configurar Google+ neste momento ou facelo, se o desexas, máis tarde preme en AHORA NO
paso 6
tes a posibilidade de vincular unha tarxeta de crédito para comprar aplicacións de pago de Google Play prememos en AHORA NO
paso 7
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes preme na icona de CONTINUAR e xa tes acceso a Play Store