asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme TELÉFONO
paso 3
preme en REGISTROS aparécenos a listaxe de chamadas identificadas por unha icona que determina se se trata dunha chamada recibida(1), unha chamada perdida(2) ou unha chamada realizada(3)
paso 4
preme no despregable que pon TODOS LOS REGISTROS para discriminar a listaxe por tipo de chamada
paso 5
selecciona o tipo de chamadas que queres ver como exemplo, prememos en LLAMADAS PERDIDAS
paso 6
aparécenos a listaxe de chamadas perdidas para borrar as chamadas seleccionadas, preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 7
preme ELIMINAR
paso 8
podes seleccionar todas as chamadas da listaxe(1) ou ben unha a unha(2) o check en verde indica cales están seleccionadas unha vez rematada a selección preme FINALIZADO