apple iphone 6 (ios 8)

procura e descarga de aplicacións

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE APPLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme APP STORE


paso 3 paso 3 paso 3


a procura de aplicacións podémola facer de dous xeitos:
premendo na lupa da parte inferior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle coñecemos o nome
para buscar por tipo de software preme en CATEGORÍAS


paso 4 paso 4 paso 4


a modo de exemplo, imos descargar un xogo. Para iso, prememos sobre JUEGOS


paso 5 paso 5 paso 5


podemos seleccionar o tipo de xogo que queremos
como exemplo prememos en TODOS LOS JUEGOS


paso 6 paso 6 paso 6


aparécennos listados todos os xogos dispoñibles, só temos que movernos entre pantallas para elixir
como exemplo imos buscar un gratis. Preme en TOP CHARTS, na parte inferior da pantalla


paso 7 paso 7 paso 7


seleccionamos GRATIS na parte superior(1) e prememos na listaxe sobre o xogo que queiramos


paso 8 paso 8 paso 8


prememos en INSTALAR


paso 9 paso 9 paso 9


introduce o teu contrasinal de Apple id(1) e preme en OK
App Store pedirache o contrasinal sempre que descargues software novo


paso 10 paso 10 paso 10


unha vez descargado o xogo situarase onde teña un lugar libre nas pantallas de inicio
para abrilo só tes que premer sobre el