a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme APLICACIONES
paso 3
preme PLAY STORE se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de abaixo a arriba para desprazar a pantalla
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) preme na icona de CONTINUAR
paso 6
introduce un nome de usuario(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 7
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE premendo en TOCA PARA OBTENER(2) preme VOLVER A INTENTAR
paso 8
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme a icona de CONTINUAR
paso 9
GOOGLE pídeche introducir opcionalmente algúns datos, como o número de teléfono e un enderezo de correo alternativo, por se esqueces o contrasinal prememos en AHORA NO para continuar
paso 10
GOOGLE solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta preme na icona de CONTINUAR
paso 11
preme en ACEPTO se estás de acordo coas condicións de servizo de Google e poder continuar
paso 12
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 13
GOOGLE permíteche validar unha tarxeta de crédito de forma segura para habilitar compras prememos en AHORA NO
paso 14
GOOGLE dáche a posibilidade de configurar outros servizos preme AHORA NO e xa tes acceso a Play Store