a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla inicial premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
preme en PLAY STORE
paso 3
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE preme CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 4
introduce o teu nome(1) e apelidos(2) preme na icona de CONTINUAR
paso 5
introduce un nome de usuario(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 6
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
paso 7
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE premendo en TOCA PARA OBTENER SUGERENCIAS(2) preme VOLVER A INTENTAR
paso 8
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1) volve escribir o contrasinal(2) preme a icona de CONTINUAR
paso 9
selecciona unha pregunta de seguridade por se esqueces o contrasinal(1) escribe a resposta(2) preme a icona de CONTINUAR
paso 10
GOOGLE dáche a posibilidade de configurar outros servizos preme AHORA NO
paso 11
preme na icona de CONTINUAR para aceptar as condicións de servizo de Google
paso 12
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 13
GOOGLE permíteche validar unha tarxeta de crédito de forma segura para habilitar compras prememos en AHORA NO
paso 14
GOOGLE solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta preme na icona de CONTINUAR e xa tes acceso a Play Store