o uso de contas de correo require activar a conexión a internet e dispoñer dunha conta configurada no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos manuais correspondentes asegúrate de estares na pantalla inicial premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
despraza a pantalla cara a esquerda para ter acceso ás APLICACIÓNS e preme en CORREO
paso 3
preme na icona de NOVO CORREO
paso 4
selecciona a conta desde a que queres enviar o correo(1)
paso 5
escribe directamente o enderezo do destinatario(1) ou preme na icona de CONTACTOS(2) para engadilo desde a axenda
paso 6
insire as primeiras letras do/s contacto/s que buscas para acotar a busca(1) selecciona o contacto que queres premendo sobre el; o contacto sombrearase en azul(2) indicando que está seleccionado preme na icona de CONTINUAR
paso 7
escribe o asunto(1) escribe o corpo da mensaxe(2) preme na tecla de MENÚ CONTEXTUAL
paso 8
a modo de exemplo enviaremos unha imaxe que teñamos gardada preme en ADJUNTAR IMAGEN
paso 9
as fotos organízanse automaticamente en carpetas en función da súa orixe selecciona a carpeta na que se encontra a foto que queres enviar