a configuración de contas de correo require ter activada a conexión a internet. Se non a tes configurada, podes ver como facelo no manual correspondente asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
preme en APLICACIÓNS
paso 3
asegúrate de ter seleccionada a pestana APLICACIONES(1) e preme en GMAIL
paso 4
preme USAR CUENTA se xa dispós dunha conta de GOOGLE
paso 5
introduce o nome de usuario(1) e o contrasinal(2) da túa conta de GOOGLE preme na icona de CONTINUAR
paso 6
podes configurar Google+ neste momento ou facelo, se o desexas, máis tarde preme en AHORA NO
paso 7
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes preme na icona de CONTINUAR e xa está configurada a conta
paso 8
para acceder ás funcións de sincronización preme o botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 9
preme en AJUSTES
paso 10
preme sobre a conta que queres sincronizar
paso 11
selecciona SINCRONIZAR GMAIL (por defecto) para manter a conta sincronizada(1) o check en azul indica que a opción está seleccionada tambén podes establecer a cadencia de sincronización da conta(2)
paso 12
se seleccionas DESCARGAR ADJUNTOS(1), os arquivos que conteña a mensaxe descargaranse se estás conectado a unha rede wi-fi o check en azul indica que a opción está seleccionada preme a tecla de RETROCESO para volver á caixa de entrada