samsung galaxy s6 edge

conexión con PLAY STORE (activación se xa tes conta de google)

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no titorial correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme en APPS


paso 3 paso 3 paso 3


preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla


paso 4 paso 4 paso 4


play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
se xa dispós dunha conta de GOOGLE introduce o teu enderezo de correo de GOOGLE(1) e preme SIGUIENTE


paso 5 paso 5 paso 5


introduce o contrasinal(1) da túa conta de GOOGLE
preme SIGUIENTE


paso 6 paso 6 paso 6


preme ACEPTAR se estás de acordo coas condicións de uso de GOOGLE e poder continuar


paso 7 paso 7 paso 7


o check activado(1) indica que aceptas que GOOGLE garde os teus contrasinais wi-fi e certos datos do teu teléfono para que a utilización sexa máis fluida
preme SIGUIENTE


paso 8 paso 8 paso 8


podes configurar os datos de pagamento se desexas mercar aplicacións, ou facelo máis tarde
selecciona RECORDÁRMELO MÁS TARDE(1) premendo enriba
o check en azul indica a opción seleccionada
preme SIGUIENTE e xa tes acceso a Play Store