samsung galaxy s6 edge

conexión con PLAY STORE (activación se non tes conta de google)

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como configurar internet no titorial correspondente
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


preme en APPS


paso 3 paso 3 paso 3


preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de abaixo a arriba para desprazar a pantalla


paso 4 paso 4 paso 4


play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme CREA UNA NUEVA CUENTA para dar de alta unha nova conta de GOOGLE


paso 5 paso 5 paso 5


introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE


paso 6 paso 6 paso 6


introduce un nome de usuario(1) e preme SIGUIENTE


paso 7 paso 7 paso 7


GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa(1) ou escoller un dos usuarios que propón GOOGLE(2)
preme SIGUIENTE


paso 8 paso 8 paso 8


unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE


paso 9 paso 9 paso 9


opcionalmente, podes indicar o teu número de teléfono para recuperar o contrasinal no caso de que o esquezas
preme en SALTAR para omitir este paso e continuar


paso 10 paso 10 paso 10


preme ACEPTO se estás de acordo coas condicións de servizo de Google e poder continuar


paso 11 paso 11 paso 11


preme SIGUIENTE para continuar


paso 12 paso 12 paso 12


o check activado(1) indica que aceptas que GOOGLE garde os teus contrasinais wi-fi e certos datos do teu teléfono para que a utilización sexa máis fluida
preme SIGUIENTE


paso 13 paso 13 paso 13


podes configurar os datos de pagamento se desexas mercar aplicacións, ou facelo máis tarde
selecciona RECORDÁRMELO MÁS TARDE(1) premendo enriba
o check en azul indica a opción seleccionada
preme SIGUIENTE e xa tes acceso a Play Store