localiza na caixa a ferramenta para extraer a bandexas que soportan a SIM e a tarxeta SD e introdúcea nos buratos situados na parte lateral dereita do teléfono(1)
tira polas bandexas cara afora(2)
sitúa a SIM e a SD nos soportes segundo o debuxo indicado na propia bandexa(3)
tipo de tarxeta SIM: nanoSIM
tipo de tarxeta SD: microSD
volve introducir os soportes nos seus emprazamentos, ata o tope(4)
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
acende o móbil
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o pin da SIM(1) e preme OK
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1) e preme en INICIAR
paso 7
en conexión wi-fi prememos SIGUIENTE
poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 8
prememos SIGUIENTE para aceptar os termos de licencia de Samsung e poder continuar
paso 9
preme NO na configuración da conta de Google
poderemos configurala máis adiante
paso 10
preme AHORA NO
poderemos dar de alta unha conta Google máis adiante
paso 11
preme SIGUIENTE para aceptar que Google acceda a certas características do teu teléfono para determinar a túa ubicación e mellorar os servizos que che ofrece
se non queres enviar eses datos, podes desmarcar os checks correspondentes(1)
paso 12
podes introducir o teu nome(1) e apelidos(2) para personalizar certas aplicacións de Google
preme OK
paso 13
preme OMITIR para saltar o paso de creación dunha conta Samsung
poderás facelo máis adiante
paso 14
preme de novo OMITIR para saltar este paso
paso 15
podes darlle un nome ó teu dispositivo(1) para personalizar algunhas aplicacións, como Bluetooth