a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme PLAY STORE
se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerache a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme USAR CUENTA se xa dispós dunha conta de GOOGLE
paso 5
introduce o nome de usuario(1) e o contrasinal(2) da túa conta de GOOGLE
preme a icona de CONTINUAR
paso 6
podes configurar Google+ neste momento ou facelo, se o desexas, máis tarde
preme en AHORA NO
paso 7
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións e axustes
preme na icona de CONTINUAR
paso 8
tes a posibilidade de vincular unha tarxeta de crédito para comprar aplicacións de pago de Google Play