lg g4

inserir SIM e primeiros pasos

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • retira a cuberta posterior segundo o indicado no debuxo(1)

  • insire a tarxeta microSIM na ranura para a SIM, tal e como se motra no debuxo(2), cos contactos cara abaixo

  • insire a tarxeta microSD no seu aloxamento, cos contactos cara abaixo(3)

  • por último, coloca a batería e a tapa posterior de novo


paso 2 paso 2 paso 2


  • a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal


paso 3 paso 3 paso 3


  • acende o móbil

  • o BOTÓN DE ACENDIDO atópase na parte posterior


paso 4 paso 4 paso 4


  • debes introducir o PIN da tarxeta SIM

  • atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com


paso 5 paso 5 paso 5


  • introduce o PIN da SIM(1) e preme ACEPTAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona o idioma do teléfono(1) e preme SIGUIENTE


paso 7 paso 7 paso 7


  • en conexión wi-fi prememos SIGUIENTE para omitir a configuración

  • poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante


paso 8 paso 8 paso 8


  • algúns dispositivos permiten compartir información a través do sistema NFC

  • prememos SALTAR para omitir este paso

  • mostrámosche como recuperar toda a túa información nos distintos titoriais


paso 9 paso 9 paso 9


  • podes introducir o teu nome(1) e apelidos(2) para personalizar certas aplicacións de Google

  • preme SIGUIENTE


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme SIGUIENTE para aceptar que Google acceda a certas características do teu teléfono para determinar a túa ubicación e mellorar os servizos que che ofrece

  • se non queres enviar eses datos, podes desmarcar os checks correspondentes(1)


paso 11 paso 11 paso 11


  • asegúrate de teres marcado o check de ESTOY DE ACUERDO(1) para aceptar os termos de uso de Lg e poder continuar

    o check en azul indica que a opción está seleccionada

  • preme SIGUIENTE


paso 12 paso 12 paso 12


  • asegúrate de teres marcado os checks de ESTOY DE ACUERDO(1) para aceptar máis termos de uso de Lg e poder continuar

    os checks en azul indican que as opcións están seleccionadas

  • preme SIGUIENTE e o teléfono xa está configurado