retira a cuberta posterior segundo o indicado no debuxo(1)
insire a tarxeta microSIM na ranura para a SIM, tal e como se motra no debuxo(2), cos contactos cara abaixo
insire a tarxeta microSD no seu aloxamento, cos contactos cara abaixo(3)
por último, coloca a batería e a tapa posterior de novo
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do terminal
paso 3
acende o móbil premendo durante dous segundos o BOTÓN DE ACENDIDO
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o PIN da SIM(1) e preme o botón de ACEPTAR
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1)
poderás premer SIGUIENTE ben tocando na pantalla, ou ben premendo o botón debaixo da palabra que queiras seleccionar; neste caso, o botón que ten o símbolo dun cadrado
paso 7
en conexión wi-fi prememos SIGUIENTE para omitir a configuración
poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 8
preme SALTAR DE TODAS
paso 9
preme SALTAR
mostrarémosche como configurar a túa conta de Google máis adiante
paso 10
podes introducir o teu nome(1) e apelidos(2) para personalizar certas aplicacións de Google
preme SIGUIENTE
paso 11
preme SIGUIENTE
mostrarémosche como configurar o bloqueo de pantalla máis adiante
paso 12
preme SALTAR DE TODAS
paso 13
preme SIGUIENTE para aceptar que Google acceda a certas características do teu teléfono para determinar a túa ubicación e mellorar os servizos que che ofrece
se non queres enviar eses datos, podes desmarcar os checks correspondentes(1)
paso 14
asegúrate de teres marcado o check de ESTOY DE ACUERDO(1) para aceptar os termos de uso de Lg e poder continuar
o check en azul indica que a opción está seleccionada
preme SIGUIENTE
paso 15
asegúrate de teres marcado os checks de ESTOY DE ACUERDO(1) para aceptar máis termos de uso de Lg e poder continuar
os checks en azul indican que as opcións están seleccionadas