para compartir por bluetooth un arquivo con outros dispositivos precisas ter activado o bluetooth; se non sabes como facelo, amosámoscho no titorial de activar bluetooth
todos os arquivos susceptibles de seren enviados por bluetooth han ter esta opción dispoñible a través do menú contextual unha vez que os teñamos seleccionados
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
o exemplo farémolo enviando un contacto da nosa axenda
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a todas as aplicacións
paso 3
preme en CONTACTOS
paso 4
preme na icona da LUPA para procurar o contacto
paso 5
se escribimos as primeiras letras do contacto que buscamos na caixa de texto(1) irásenos acotando a listaxe de contactos
prememos sobre o contacto que queremos compartir
paso 6
o contacto ábrese nunha nova fiestra
preme o botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 7
preme en COMPARTIR CONTACTO
paso 8
preme na icona de VALIDAR
paso 9
preme BLUETOOTH
paso 10
preme sobre o dispositivo de destino
a tarxeta do contacto enviarase ó dispositivo seleccionado
o tempo de envío dependerá do tamaño do arquivo que esteamos a enviar