R
guias de uso móbilR
nokia lumia 630
procura e descarga de aplicacións
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
a conexión con Tienda require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE MICROSOFT. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
CONEXIÓN A INTERNET
e
CONTA CORREO MICROSOFT
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a todas as aplicacións
paso 3
preme en TIENDA
paso 4
a busca de aplicacións podemos facela de dúas maneiras:
premendo na ICONA DA LUPA da parte inferior(1) faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
se desprazamos a pantalla de esquerda a dereita faremos a busca por categorías
paso 5
a modo de exemplo, imos descargar un xogo
prememos en JUEGOS
paso 6
preme no xogo que queres instalar
paso 7
preme en INSTALAR
paso 8
o xogo comeza a descargarse e instalarse no teléfono
paso 9
para acceder en calquera momento ás aplicacións que descargamos situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 10
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a todas as aplicacións
paso 11
atoparemos a aplicación que descargamos ordenada alfabeticamente
premendo sobre ela abrirémola