asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN DE INICIO
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
a primeira vez que entras, a aplicación ofréceche o servizo de realizar copia das túas fotos e vídeos
por defecto, a aplicación fará a copia de seguridade das túas fotos e vídeos unicamente cando esteas conectado a unha rede wi-fi, de xeito que non esgotarás o teu plan de datos, pero podes modificar este parámetro máis adiante
preme en CONTINUAR
paso 5
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, asi como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
paso 6
agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 7
preme en MENÚ
paso 8
preme en AJUSTES
paso 9
despraza a pantalla cara abaixo, ata o apartado PERSONAL(1)
preme en CUENTAS
paso 10
preme en GOOGLE
paso 11
preme na conta que queres sincronizar
paso 12
asegúrate que a opción COPIA SEG. GOOGLE FOTOS(1) está seleccionada