paso 1
- a conexión con App Store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e un APPLE ID. Se non os tes configurados, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
paso 3
- a procura de aplicacións podémola facer de dous xeitos:
- premendo na icona da LUPA(1) na parte inferior, faremos unha procura directa da aplicación se lle sabemos o nome
- tamén podemos buscar as aplicacións por tipo (xogos, fotografía, educación...); para iso preme en CATEGORÍAS
paso 4
- a modo de exemplo, imos descargar un xogo
- prememos en JUEGOS
paso 5
- temos os xogos divididos por categorías
- a modo de exemplo prememos en TODOS LOS JUEGOS
paso 6
paso 7
- preme no botón OBTENER do xogo que queiras descargar
- cando no botón aparece OBTENER, significa que a descarga da aplicación é gratuita
- en caso contrario, sobre o botón aparece o prezo de descarga
paso 8
paso 9
- por seguridade, deberás introducir o contrasinal do teu Apple ID(1) cada vez que descargues unha aplicación
- una vez introducido, preme OK
paso 10
- o xogo comeza a descargarse(1)
paso 11
- para acceder ás aplicacións que teñamos descargado situámonos na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 12
- posiblemente teñas que desprazar a pantalla de dereita a esquerda para moverte entre as diferentes fiestras de inicio para localizar a aplicación
- para abrila, prememos sobre ela