para copiar e sincronizar os teus contactos con iCloud, precisarás ter un Apple ID configurado no teléfono. Se non sabes como crear un Apple ID, mostrámoscho no titorial CONEXIÓN CON APP STORE SE NON TES UN APPLE ID
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
antes de nada, temos que asegurarnos de ter activado iCloud
preme en AJUSTES
paso 3
preme en ICLOUD
paso 4
introduce o teu usuario de Apple ID(1) e o teu contrasinal(2)
preme en INICIAR SESIÓN
paso 5
preme en ACEPTAR se estás de acordo cos termos de uso de iCloud e poder continuar
paso 6
preme ACEPTAR para confirmar
paso 7
xa temos iCloud activado
preme en FOTOS
paso 8
Apple ofrece unicamente 5Gb gratuitos en iCloud, polo que é posible que non teñas suficiente espazo de almecenamento para todas as túas fotos
podes contratar máis espazo ou evitar ter toda a túa fototeca en iCloud
para xestionar a almacenaxe temos dúas opcións:
Fototeca de iCloud(1): se activamos esta opción, todas as fotos de todos os dispositivos que teñan o mesmo Apple ID se subirán á fototeca
Mis fotos en streaming(2): subiranse unicamente as fotos novas que saques e quedarán compartidas con todos os dispositivos de Apple que compartan Apple ID
os checks en verde indican que a opción está activada
paso 9
se decides subir toda a túa fototeca a iCloud, podes subir as fotos sen borralas do iphone, ou subilas e borralas do iphone(1) para optimizar a almacenaxe
o check en azul indica a opción que está activada
tamén podes crear álbumes de fotos públicas(2) para compartilas con outros usuarios de iCloud
tamén podes acceder ás copias de seguridade das túas fotos, a través de calquera ordenador, na páxina https://icloud.com