paso 1
- para restaurar unha copia de seguridade de WhatsApp é imprescindible que sigas estes pasos ANTES de instalar o WhatsApp no móbil novo
- colle o móbil antigo e asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
paso 3
- preme en WHATSAPP
- se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla
paso 4
- preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 5
paso 6
paso 7
paso 8
- o terminal procederá a facer unha copia de seguridade dos chats
- o proceso pode levar un tempo. Ten paciencia
paso 9
- agora faremos a copia dos chats á tarxeta SD
- para copiar arquivos na tarxeta SD deberemos descargar de Play Store un programa de xestión de arquivos, como por exemplo o ES FILE EXPLORER
- se non sabes como descargar aplicacións amosámoscho no titorial PROCURA E DESCARGA DE APLICACIÓNS
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 10
paso 11
- preme en ES FILE EXPLORER
paso 12
- preme no despregable HOMEPAGE
paso 13
- preme no directorio da MEMORIA INTERNA, representado por un 0
paso 14
- preme durante dous segundos na carpeta de WHATSAPP para seleccionala(1)
- o check en azul indica que está seleccionada
- a continuación, preme na icona de COPIAR(2)
paso 15
- volve premer no DESPREGABLE(1) e, a continuación, na carpeta SDCARD1
paso 16
- preme na icona de PEGAR e a carpeta WhatsApp quedará copiada na tarxeta SD
paso 17
- retira a tarxeta SD do móbil antigo
paso 18
- agora colle o móbil novo e introduce a tarxeta SD
- se non sabes como facelo, mostrámoscho no titorial INSERIR SIM E PRIMEIROS PASOS
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 19
paso 20
- preme en ES FILE EXPLORER
paso 21
- preme no despregable HOMEPAGE
paso 22
paso 23
- preme durante dous segundos na carpeta de WHATSAPP para seleccionala(1)
- o check en azul indica que está seleccionada
- a continuación, preme na icona de COPIAR(2)
paso 24
- volve premer no DESPREGABLE(1) e, a continuación, na carpeta da MEMORIA INTERNA, representada por un 0
paso 25
- preme na icona de PEGAR e a carpeta WhatsApp quedará copiada na memoria interna do teléfono
paso 26
- agora instalaremos o WhatsApp no móbil novo
- a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 27
paso 28
- preme PLAY STORE
- se non localizas a icona, proba a deslizares o dedo de dereita a esquerda para desprazar a pantalla
paso 29
- introduce WHATSAPP na caixa de texto(1) e preme no botón da LUPA para buscar a aplicación
paso 30
- preme en WHATSAPP MESSENGER
paso 31
paso 32
paso 33
- unha vez instalado o WhatsApp, preme en ABRIR para configurar a aplicación
paso 34
- preme en ACEPTAR Y CONTINUAR se estás de acordo cos termos de uso e poder utilizar a aplicación
paso 35
- introduce o teu número de teléfono(1) e preme OK
paso 36
- preme OK
- recibirás unha mensaxe SMS cun código de activación, pero non deberás facer nada: a aplicación autoconfigurarase soa
paso 37
- WhatsApp recoñece que hai unha copia de seguridade
- preme en RESTAURAR
paso 38
- unha vez restaurada a copia de seguridade, preme en CONTINUAR
paso 39
- introduce o teu nome tal e como queres que apareza nas conversas de WhatsApp(1) e preme SIG.
paso 40
- terás unha licenza dun ano de balde
- preme CONTINUAR e xa tes o WhatsApp dispoñible tal e como tiñas no móbil antigo