a configuración de contas de correo require ter activada a conexión a internet. Se non a tes configurada, podes ver como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN DE INICIO
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme en GMAIL
paso 4
preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 5
despraza o despregable cara abaixo e preme en AJUSTES
paso 6
preme en AÑADIR CUENTA
paso 7
preme en PERSONAL(IMAP/POP)(1) para seleccionar o tipo de conta
o check en azul indica que está seleccionada
preme SIGUIENTE
paso 8
escribe o teu enderezo de correo xenérico (hotmail, yahoo,...)(1)
preme en SIGUIENTE
paso 9
escribe o teu contrasinal(1) e preme en SIGUIENTE
paso 10
agora podes seleccionar a frecuencia de sincronización da conta(1) e o intervalo de sincronización do correo(2)
paso 11
tamén podes recibir unha notificación cando che chegue correo, seleccionar os elementos que queres ter sincronizados: e-mail, contactos, calendario... e descargar os arquivos achegados só cando esteas conectado a unha rede wi-fi(1)
os checks en azul indican as opcións seleccionadas
preme en SIGUIENTE
paso 12
opcionalmente podes asignarlle un nome á conta(1); servirá para identificala no teu teléfono
preme en SIGUIENTE e a túa conta de correo xenérico xa está configurada