a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en PLAY STORE
paso 3
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme CREAR CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 4
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme na icona de CONTINUAR
paso 5
introduce un nome de usuario(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 6
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón Google premendo en TOCA PARA OBTENER(2)
preme VOLVER A INTENTAR
paso 7
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme a icona de CONTINUAR
paso 8
podes establecer opcións de recuperación do contrasinal, indicando o teu número de teléfono ou un segundo correo, no caso de que a esquezas
preme en AHORA NO para continuar
paso 9
Google solicita permiso para realizar unha copia de seguridade dos datos da túa conta
preme na icona de CONTINUAR
paso 10
preme ACEPTO se estás de acordo coas condicións de servizo de Google e poder continuar
paso 11
escribe os caracteres da imaxe(1) e preme na icona de CONTINUAR
paso 12
Google permíteche validar unha tarxeta de crédito de forma segura para habilitar compras