huawei y635

gardar fotos na conta de gmail

<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal

paso 1 paso 1 paso 1


  • para gardar as fotos na conta de gmail tes que ter a conta configurada no teléfono

  • se non sabes como facelo mostrámoscho no titorial de CONFIGURACIÓN DE CONTAS GMAIL

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme na carpeta de GOOGLE para abrila


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en FOTOS


paso 4 paso 4 paso 4


  • preme en EMPEZAR


paso 5 paso 5 paso 5


  • a primeira vez que entramos, deberemos configurar as opcións de copia de seguridade

  • por defecto aparécenos activada a opción de crear copia de seguridade das nosas fotos e vídeos na nosa conta de Google(1)

  • o interruptor na posición SI indica que a copia de seguridade está activada

  • para non esgotar o noso plan de datos, deixa a opción USAR DATOS MÓVILES PARA REALIZAR LA COPIA DE SEGURIDAD desactivada(2)

  • o interruptor en gris indica que o uso de datos móviles está desactivado

  • preme en CONTINUAR


paso 6 paso 6 paso 6


  • agora debemos indicar con que calidade queremos gardar as nosas fotos:

    • Alta Calidad(1): as fotos gardaranse nunha boa calidade pero inferior á orixinal. A principal vantaxe é que teremos almacenamento ilimitado gratuito


    • Original(2): as fotos gardaranse coa calidade orixinal do teléfono, posiblemente maior da que precisas. Gardándoas con esta calidade, teremos un almacenamento limitado que, opcionalmente, poderemos ampliar pagando unha cuota periódica


  • o check en negro indica a opción escollida

  • preme en CONTINUAR


paso 7 paso 7 paso 7


  • preme na icona de CONTINUAR para avanzar no percorrido pola aplicación que nos ofrece Google


paso 8 paso 8 paso 8


  • a aplicación procederá a facer a copia de seguridade

  • este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, asi como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia


paso 9 paso 9 paso 9


  • agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google

  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 10 paso 10 paso 10


  • preme en AJUSTES


paso 11 paso 11 paso 11


  • despraza a pantalla cara abaixo, ata o apartado CUENTAS(1)

  • preme en GOOGLE


paso 12 paso 12 paso 12


  • preme na conta que queres sincronizar


paso 13 paso 13 paso 13


  • asegúrate que a opción SINCRONIZAR COPIA SEG.GOOGLE FOTOS(1) está seleccionada

  • o interruptor en azul indícanos que está activada

  • preme a TECLA DE RETROCESO para saír