R
guias de uso móbilR
samsung galaxy j3
enviar correo
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
o uso de contas de correo require activar a conexión a internet e dispoñer dunha conta configurada no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos seguintes titoriais:
ACTIVACIÓN INTERNET
e
CONFIGURACIÓN CONTAS CORREO
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APPS
paso 3
preme en CORREO ELECTRÓNICO
paso 4
preme na icona de NOVO CORREO
paso 5
selecciona a conta desde a que queres enviar o correo no campo DE(1)
paso 6
escribe directamente o enderezo do destinatario(1) ou preme na icona de ENGADIR(2) para introducir un contacto da axenda
paso 7
podes escribir as primeiras letras do contacto no recadro para acotar a busca(1)
preme sobre o/s contacto/s que queres incluír como destinatario/s(2); o check en verde indica que o contacto está seleccionado
preme HECHO
paso 8
escribe o asunto(1)
escribe o corpo da mensaxe(2)
paso 9
preme en ADJUNTAR para seleccionar o arquivo que queres enviar
paso 10
a modo de exemplo enviaremos unha imaxe que teñamos gardada
preme en IMÁGENES
paso 11
as fotos organízanse de xeito automático en carpetas en función da súa orixe
a modo de exemplo prememos en DOWNLOAD, que son as descargadas de internet ou recibidas por correo electrónico
paso 12
prememos sobre unha das fotos da listaxe(1)
o check en verde indica que está seleccionada
preme HECHO
paso 13
preme en ENVIAR