asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APPS
paso 3
preme CÁMARA
paso 4
a pantalla mostrará o encadre da fotografía
para tirar unha foto tes que premer o botón do disparador(1)
todas as fotos que fagamos hanse gardar automaticamente na carpeta CÁMARA da GALERÍA(2)
paso 5
para pasar a modo vídeo, preme na icona de VÍDEO(1)
paso 6
preme en MODO
paso 7
poderemos seleccionar programas predefinidos para determinado tipo de fotografías: automático, cámara rápida, panorámicas...(1)
preme a TECLA DE RETROCESO para saír
paso 8
tamén temos a posibilidade de cambiar á cámara frontal(1)
paso 9
desde as opcións da marxe superior podemos darlle efectos á imaxe(1) e activar o modo HDR(2), de xeito que a cámara utilice dúas imaxes de cada fotografía que saquemos para mellorar o rango de luminancia
paso 10
tamén podemos activar o temporizador(1) e diferentes modos de flash(2) preme o botón de OPCIÓNS AVANZADAS
paso 11
desde esta pantalla poderemos modificar o tamaño das imaxes de foto e vídeo, usar o estabilizador, modificar o tipo de enfoque AF, etc.(1)
o interruptor en verde ó pé de cada opción indica que está seleccionada