paso 1 paso 1 paso 1


  • asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL


paso 2 paso 2 paso 2


  • preme en APPS


paso 3 paso 3 paso 3


  • preme en RELOJ


paso 4 paso 4 paso 4


  • asegúrate de ter seleccionada a solapa ALARMA(1)

  • preme en AÑADIR


paso 5 paso 5 paso 5


  • selecciona coas frechas arriba e abaixo a hora e os minutos en que desexas que soe a alarma(1)

  • preme en REPETIR SEMANALMENTE


paso 6 paso 6 paso 6


  • selecciona os días en que queres que a alarma se repita(1)

  • os checks de cor verde indican os días seleccionados

  • preme na FRECHA DE RETROCEDER


paso 7 paso 7 paso 7


  • premendo en FECHA(1) podes indicar un único día no calendario para que soe a alarma

  • preme en TIPO DE ALARMA


paso 8 paso 8 paso 8


  • selecciona como queres que se active a alarma: só o son, só vibración, ou son e vibración(1)

  • en azul está a opción activada neste momento


paso 9 paso 9 paso 9


  • podrás subir ou baixar o volume da alarma movendo a barra de son á dereita ou esquerda, respectivamente(1)

  • preme en TONO DE ALARMA


paso 10 paso 10 paso 10


  • selecciona a melodía que queiras(1)

  • o check en verde indica que está seleccionada

  • preme na FRECHA DE RETROCEDER


paso 11 paso 11 paso 11


  • podrás activar tamén a opción de REPETIR(1), para que a alarma se reactive en intervalos de 5 minutos, e a de VOLUMEN ASCENDENTE(2), que incrementará o volume da melodía paulatinamente

  • os interruptores en verde indican que as opcións están activadas


paso 12 paso 12 paso 12


  • se premes en NOMBRE DE LA ALARMA(1), poderás asignarlle un nome e tela identificada no teléfono

  • preme en GUARDAR