R
guias de uso móbilR
sony xperia m5
inserir SIM e primeiros pasos
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
retira a tapa do lateral esquerdo do teléfono
coa unlla ou outro obxecto similar, retira a bandexa de soporte das tarxetas nanoSIM e microSD
a continuación, coloca as tarxetas no seu emprazamento tal e como se indica nos gravados da propia bandexa, cos contactos cara abaixo(1)
volve introducir a bandexa no seu emprazamento e coloca a tapa
paso 2
a ranura USB para cargar o móbil ou conectalo ó ordenador atópase na parte inferior do teléfono(1)
paso 3
acende o móbil
o BOTÓN DE ACENDIDO atópase no lateral dereito
paso 4
debes introducir o PIN da tarxeta SIM
atoparás o PIN na lata de sardiñas R que ven coa SIM ou na web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com
paso 5
introduce o PIN da SIM(1) e preme na icona de VALIDAR
paso 6
selecciona o idioma do teléfono(1) e preme TERMINAR
o check en branco indica que está seleccionado
paso 7
marca o check correspondente(1) para aceptar as condicións de Sony e poder continuar
preme en SEGUINTE
paso 8
selecciona RED MÓVIL Y WI-FI(1) para conectarte a internet tanto con rede wi-fi como co teu plan de datos contratado
o check en branco indica que está seleccionado
preme en SEGUINTE
paso 9
en conexión wi-fi prememos en SEGUINTE para saltar a configuración
poderemos conectarnos a unha rede wi-fi máis adiante
paso 10
prememos en SEGUINTE para saltar a configuración de Google
poderemos configurar a nosa conta máis adiante
paso 11
prememos en SEGUINTE para saltar a configuración de Sony
poderalo facer máis adiante
paso 12
prememos en SEGUINTE para saltar a configuración de contas de redes sociais
poderalo facer máis adiante
paso 13
o teléfono xa está configurado
preme en FINALIZAR