R
guias de uso móbilR
samsung galaxy s7
timbre e vibración
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en MENÚ
paso 3
preme en AJUSTES
paso 4
despraza a pantalla cara abaixo e preme en SONIDOS Y VIBRACIÓN
paso 5
preme en MODO DE SONIDO
paso 6
selecciona SONIDO, para que o teléfono soe e vibre (se o tes activado) ó recibir unha chamada, só VIBRACIÓN, ou SILENCIO
en azul aparece a opción que está activa nese momento
paso 7
preme en VOLUMEN
paso 8
nesta pantalla podes establecer o volume do timbre de chamada, das notificacións de mensaxes e da alarma
despraza cada unha das barras á dereita ou á esquerda para subir e baixar, respectivamente, o volume de cada opción(1)
preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 9
preme en MELODÍA
paso 10
selecciona unha melodía para o teléfono(1)
o check en azul indica a melodía seleccionada
preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 11
desprazando a pantalla cara abaixo, podemos activar ou desactivar outros sons do sistema(1)
os checks en azul indican as opcións activadas
preme na FRECHA DE RETROCESO para saír