asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo no BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme na carpeta de GOOGLE para abrila
paso 3
preme en FOTOS
paso 4
preme en EMPEZAR
paso 5
a primeira vez que entramos, deberemos configurar as opcións de copia de seguridade
por defecto aparécenos activada a opción de crear copia de seguridade das nosas fotos e vídeos na nosa conta de Google(1)
o interruptor en azul indica que a copia de seguridade está activada
para non esgotar o noso plan de datos, deixa a opción USAR DATOS MÓVILES PARA REALIZAR LA COPIA DE SEGURIDAD desactivada(2)
o interruptor en gris indica que o uso de datos móviles está desactivado
preme en CONTINUAR
paso 6
agora debemos indicar con que calidade queremos gardar as nosas fotos:
Alta Calidad(1): as fotos gardaranse nunha boa calidade pero inferior á orixinal. A principal vantaxe é que teremos almacenamento ilimitado gratuito
Original(2): as fotos gardaranse coa calidade orixinal do teléfono, posiblemente maior da que precisas. Gardándoas con esta calidade, teremos un almacenamento limitado que, opcionalmente, poderemos ampliar pagando unha cuota periódica
o check en azul indica a opción escollida
preme en CONTINUAR
paso 7
preme na icona de CONTINUAR para avanzar no percorrido pola aplicación que nos ofrece Google
paso 8
a aplicación procederá a facer a copia de seguridade
este proceso levará máis ou menos tempo en función da cantidade de fotos e vídeos que teñas no móbil, así como da velocidade da túa conexión wi-fi. Ten paciencia
paso 9
agora debemos verificar que temos activada a opción de sincronización de fotos na nosa conta de Google
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 10
preme en AJUSTES
paso 11
despraza a pantalla cara abaixo e preme en CUENTAS
paso 12
preme en GOOGLE
paso 13
asegúrate que a opción SINCRONIZAR COPIA SEG. GOOGLE FOTOS(1) está seleccionada