R
guias de uso móbilR
samsung galaxy j5 2016
timbre e vibración
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en APPS
paso 3
preme en AJUSTES
paso 4
despraza a pantalla cara abaixo e preme en SONIDOS Y VIBRACIONES
paso 5
preme en MODO DE SONIDO
paso 6
selecciona SONIDO, para que o teléfono soe e vibre (se o tes activado) ó recibir unha chamada, só VIBRACIÓN, ou SILENCIO
en azul aparece a opción que está activa nese momento
paso 7
se activas o check de VIBRACIÓN Y MELODÍA(1), o teléfono vibrará ademáis de soar cando reciba unha chamada
a posición en azul indica que está activado
preme en VOLUMEN
paso 8
nesta pantalla podes establecer o volume do timbre de chamada, multimedia, das notificacións de mensaxes e do sistema
despraza cada unha das barras á dereita ou á esquerda para subir e baixar, respectivamente, o volume de cada opción(1)
preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 9
preme en MELODÍA
paso 10
nesta pantalla poderemos seleccionar os distintos sons de notificación para cada actividade
imos ver as opcións principais
preme en MELODÍA
paso 11
selecciona unha melodía para o teléfono(1)
o check en azul indica a melodía seleccionada
preme na FRECHA DE RETROCEDER
paso 12
do mesmo xeito, podemos activar ou desactivar diferentes sons de sistema(1)
os checks en azul indican que están activados
preme na FRECHA DE RETROCEDER para gardar os cambios e saír