a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET. Se non a tes configurada, revisa como facelo no titorial de configuración de internet
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
preme en TODAS LAS APPS
paso 3
preme PLAY STORE
paso 4
play store require ter unha conta GOOGLE para funcionar. Se non a tes activada no teléfono, aparecerá a pantalla de configurar a conta de GOOGLE
preme O CREA UNA NUEVA CUENTA para dar de alta unha nova conta en GOOGLE
paso 5
introduce o teu nome(1) e apelidos(2)
preme en SIGUIENTE
paso 6
introduce un nome de usuario(1) e preme en SIGUIENTE
paso 7
GOOGLE comprobará a dispoñibilidade dese nome de usuario
se o nome de usuario está ocupado devólvenos á pantalla anterior para introducir unha alternativa
introduce un nome de usuario novo(1) ou escolle un dos que propón GOOGLE(2)
preme en SIGUIENTE
paso 8
unha vez elixido un nome de usuario libre, introduce un contrasinal para a conta. Debe ter polo menos 8 caracteres(1)
volve escribir o contrasinal(2)
preme en SIGUIENTE
paso 9
opcionalmente podes establecer unha opción de recuperación do contrasinal, indicando o teu número de teléfono(1), no caso de que o esquezas
podes omitir este paso premendo en SALTAR(2)
preme en SIGUIENTE
paso 10
preme ACEPTO se estás de acordo coas condicións de servizo de Google e poder continuar
paso 11
preme en SIGUIENTE
paso 12
a túa conta de Google fará unha copia de seguridade das túas aplicacións, contrasinais e axustes
o check en verde(1) indica que a opción está seleccionada
preme SIGUIENTE
paso 13
tes a posibilidade de vincular unha tarxeta de crédito para comprar aplicacións de pago de Play Store
selecciona RECORDÁRMELO MÁS TARDE para facelo noutro momento(1)