paso 1
- para restaurar unha copia de seguridade de WhatsApp é imprescindible que sigas estes pasos ANTES de instalar o WhatsApp no móbil novo
- colle o móbil antigo e asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
- despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis aplicacións
paso 3
paso 4
- preme no botón de MENÚ CONTEXTUAL
paso 5
paso 6
- preme en CHATS Y LLAMADAS
paso 7
- preme en COPIA DE SEGURIDAD
paso 8
- o terminal procederá a facer unha copia de seguridade dos chats
- o proceso pode levar un tempo. Ten paciencia
- unha vez finalizada a copia de seguridade, tes a posibilidade de gardala, ademáis de na memoria do teléfono, en Google Drive, o espazo na nube de Google, o que che facilitará a recuperación das conversas cando cambies de móbil
- preme en GUARDAR
- en calquera caso, imos aprender como facelo usando o ordenador
paso 9
- conecta o móbil antigo ó ordenador co cable USB subministrado
paso 10
- mostrarase a conexión na pantalla de notificacións do móbil
paso 11
- no ordenador, pincha en EQUIPO para abrilo
paso 12
paso 13
- entra en ALMACENAMENTO INTERNO
paso 14
- localiza a carpeta WHATSAPP(1) e cópiaa
paso 15
- pega a carpeta no ESCRITORIO
paso 16
- desenchufa o móbil antigo do ordenador
paso 17
- conecta o móbil novo ó ordenador co cable USB subministrado
paso 18
- mostrarase a conexión na pantalla de notificacións do móbil
paso 19
- copia a carpeta de WHATSAPP que pegamos antes no ESCRITORIO
paso 20
- no ordenador, pincha en EQUIPO para abrilo
paso 21
paso 22
- entra en ALMACENAMENTO INTERNO
paso 23
- pega a carpeta de WHATSAPP(1)
paso 24
- xa podes desenchufar o móbil novo
paso 25
- agora instalaremos o WhatsApp no móbil novo
- a conexión con play store require ter configurada a CONEXIÓN A INTERNET e unha CONTA DE CORREO DE GOOGLE. Se non as tes configuradas, revisa como facelo nos manuais correspondentes:
- asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 26
paso 27
- escribe WHATSAPP na caixa de texto(1) e preme en WHATSAPP MESSENGER
paso 28
paso 29
- unha vez instalado o WhatsApp, preme en ABRIR para configurar a aplicación
paso 30
- preme en ACEPTAR Y CONTINUAR se estás de acordo cos termos de uso e poder utilizar a aplicación
paso 31
- terás que asignarlle permisos a Whatsapp para que poida acceder ós teus contactos e fotos
- preme en CONTINUAR
paso 32
- pulsa en PERMITIR para que Whatsapp poda acceder ós teus contactos
paso 33
- introduce o teu número de teléfono(1) e preme SIG.
paso 34
- preme OK se o número é correcto
paso 35
- recibirás unha mensaxe SMS cun código de activación, pero non deberás facer nada: a aplicación autoconfigurarase soa
- para iso teremos que asignarlle permisos de lectura para as nosas mensaxes de texto
- preme en CONTINUAR
paso 36
- preme en PERMITIR para darlle acceso a Whatsapp ás mensaxes de texto
paso 37
- a aplicación buscará a existencia dunha copia de seguridade asociada ó teu teléfono
- recupéraa neste momento, non poderás facelo máis tarde
- preme en RESTAURAR
paso 38
- o tempo de restauración dependerá da cantidade de conversas gardadas e da calidade da túa conexión. Ten paciencia
- unha vez restaurada a copia de seguridade, preme en SIG.
paso 39
- introduce o teu nome tal e como queres que apareza nas conversas de WhatsApp(1) e preme SIG.
- o teu Whatsapp xa está configurado tal e como o tiñas no teu anterior móbil