R
guias de uso móbilR
huawei p10 lite
enviar correo
<< ver outro terminal
<< máis tutoriais de este terminal
paso 1
o uso de contas de correo require activar a conexión a internet e dispoñer dunha conta configurada no teléfono. Se non as tes configuradas, podes ver como facelo nos manuais correspondentes:
ACTIVACIÓN INTERNET
e
CONFIGURACIÓN CONTAS CORREO
asegúrate de estares na pantalla de inicio premendo o BOTÓN CENTRAL
paso 2
despraza a pantalla de dereita a esquerda para acceder a máis APLICACIÓNS
paso 3
preme en CORREO
paso 4
preme en REDACTAR
paso 5
selecciona a conta desde a que queres enviar o correo no campo DE(1)
paso 6
escribe directamente o enderezo do destinatario ou as primerias letras do contacto se o tes na axenda(1) e preme sobre o contacto
paso 7
escribe o asunto(1)
escribe o corpo da mensaxe(2)
preme na icona de ACHEGAR ARQUIVO para seleccionar o arquivo que queres enviar
paso 8
a modo de exemplo enviaremos unha imaxe que teñamos gardada
preme en GALERÍA
paso 9
as fotos agrúpanse automaticamente en carpetas en función da súa orixe
a modo de exemplo prememos en DESCARGAS, que son as fotos baixadas de internet e recibidas por correo electrónico
paso 10
selecciona a/s foto/s que queres enviar(1)
o check en azul indica a que está seleccionada
preme na icona de VALIDAR
paso 11
preme na icona de ENVIAR